LEIRA

DATOS BÁSICOS

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 Hora
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

PREZOS:

- TARIFA PÚBLICO XERAL: 9.50€

- TARIFA REDUCIDA: 6.65€ - para abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove o de estudante (ata 25 anos)

* A venta de entradas de tarifa reducida é únicamente a través da taquilla do Pazo de Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

Teléfono de atención 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 14 de Novembro de 2020 20:00