Domingo 11 de Outubro - 19:00 h.
“Leilía nace no ano 89, da man de seis mulleres, que cunha aposta pioneira e atrevida, nos propuxemos recuperar do esquecemento a tradición oral galega. Ao son de pandereitas e voces, pronto agromaron os froitos, grazas á singularidade e beleza da música de raíz.
Unha vez sentados os cementos da nosa razón de ser, atrevémonos a dar un paso máis: achegar a música do pasado ao presente, por medio da incorporación de instrumentos e polifonías non tradicionais. Este novo paso permitiunos achegarnos a un novo público. Conquerindo así o noso obxectivo: dar continuidade ó pasado a través do presente. A tradición oral galega é xa parte da nosa música actual.
Ás portas do 2012 sae á luz CONSENTIMENTO, un traballo donde as melodías tradicionais recollidas por Leilía se engalanan coas letras creadas por destacadas escritoras para a ocasión e tamén polos arranxos musicais feitos por Xoan Porto. Un disco, que sen deixar de soar a Leilía, ten corpo e gusto propio”.
LEILÍA somos:
Ana, Patri, Merchi, Montse, Felisa e Rosario