LAS CRIADAS

DATOS BÁSICOS

TEATRO CASTELÁN

As irmás Claire e Solange Lemercier son as criadas dunha dama da alta burguesía francesa. Todas as noites inician unha cerimonia perversa, un ritual onde a realidade e a ficción mestúranse nun xogo mortal de cambio de identidades. Claire é a señora e Solange é Claire.

Solange é a señora e Claire é Solange. Son seres alienados, faltos de identidade. Non hai irmá boa e irmá mala, as dúas alternan os papeis constantemente, porque ningunha existe por si soa, porque son as dúas caras dun mesmo personaxe. A inquina e a rabia de ser conscientes do seu destino de criadas lévaas a un desenlace fatal.

“Estas criadas son uns monstros, como nós mesmos cando soñamos.” Jean Genet

 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 30 MIN
Prezos: 
Público xeral: 16,00 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 11,20 €
Información da billeteira: 

Público xeral: 16,00 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 11,20 €

Funcións: 
Sábado, 30 de Outubro de 2021 20:00