TEATRO - MONICREQUES
SINOPSE:
Espectáculo de gran formato para o teatro de monicreques e actores, visual, entretido e de moita acción con música en directo. Nada máis comezar xa estamos inmersos nunha trepidante aventura de intrigas, xogos e persecucións, encontros con seres misteriosos, personaxes doutras culturas, algúns mitolóxicos como o "Dragón de Xeo" ou forzas da natureza que converten a malvados xigantes en montañas de neve. As marionetas de corpo enteiro e os actores dan vida a esta aventura que ten como protagonista a Lao Lao, una anciá que fai figuras de papel dunha beleza inusitada o que esperta as envexas do emperador que desexa posuír todo para el e atrapar a poesía das figuras de Lao Lao.
AUTORÍA: Jorge Rey
DIRECCIÓN E ADAPTACIÓN: Jorge Rey
ESCENOGRAFÍA: Rafael Rey
DESEÑO SON: luis Iglesias e Carlos Clemente Martínez Gallego
VESTIARIO: Carmen Domenech
MÚSICA: Luís Iglesias
COREOGRAFÍA: Rafael Rey
ELENCO:
Carmen Domenech
Jorge Rey
Luis Iglesias
2022-11-13 - 18:00:
ESPECTÁCULO EN VENDA LIBRE A PARTIR DO 29 DE XULLO