LA JUDÍA DE TOLEDO

DATOS BÁSICOS

TEATRO CLÁSICO

"La judía de Toledo" é un texto complexo, como complexo queremos que sexa o espectáculo, como complexo é o momento que estamos a vivir, como complexa é a situación que nos rodea.

Desprende este texto unha tremenda forma poética, suxestiva, embriagadora, perturbadora. Hai escenas, pasaxes, momentos, frases que non se poden esquecer. E estamos seguros que posto nun escenario pode crecer e provocar toda unha catarata de sensacións.

Hai sombras que cantan na escuridade, que cantan o perigo, que se abren paso entre os raios, os lóstregos e o vento. Velaquí o mundo do inexplicable, o mundo do máxico. Velaquí a améndoa da dor, a profecía sinistra, o medo nos ósos, o cheiro da morte.

Xénero: 
  • Teatro
  • Clásico
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA Y 30 MINUTOS
Prezos: 
Público Xeral 18€ / Abonad@s, Carné Xove un de estudante ( ata 25 anos), Desempregad@s, menores de 14 anos 12,60€
Información da billeteira: 

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Venres 28 de xullo.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 4 de Novembro de 2017 20:00
LA JUDÍA DE TOLEDO.jpg