LA GRANJA

DATOS BÁSICOS

MUSICAL INFANTIL

Esta é a historia da granxa máis famosa de todos os tempos. Un alegre campesiño xunto aos seus dous sobriños ensinaranvos a todos os animais que viven con eles.

Poderedes coñecer ao cabalo máis forte, á vaca máis divertida, ao loro máis charlatán, ao poliño máis adorable, ata chegar ao galo máis famoso de toda a granxa.

Estes amiguiños irán contando como é a súa vida nesta granxa tan peculiar coas súas mellores cancións e as súas historias máis divertidas.

Un musical con voces en directo no que riremos, bailaremos e cantaremos sen parar! Esta tarde hai unha gran festa... e estades todos convidados!

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
55 MIN
Prezos: 
Entrada anticipada: 15,00 € Entrada o día da actuación: 18,00€ Nenos/as menores de 2 anos: (Entrada de balde)
Información da billeteira: 

Entrada anticipada: 15,00 €

Entrada o día da actuación: 18,00€

Nenos/as menores de 2 anos: (Entrada de balde)

ESPECTÁCULO FÓRA DE ABONO

Os espectáculos “FÓRA DE ABONO”, non terán desconto de abonado por non ser programación propia do Padroado da Cultura, pero si poderán ser pagados co bono

 

Funcións: 
Sábado, 9 de Outubro de 2021 18:00