LA ESTACIÓN MÁGICA

DATOS BÁSICOS

A ESTACIÓN MÁXICA

O SHOW

Amence, e como cada día a tranquilidade reina nesta antiga estación de tren.

Don Búho disponse a facer a súa rolda diaria para asegurarse de que todo segue en orde na súa estación, aínda que ata onde a súa memoria logra lembrar, nunca ocorreu nada extraordinario. Con todo, o día de Noiteboa algo inesperado está por suceder...

De lonxe o son dun tren rompe o silencio da mañá e en cuestión de minutos xa son varios os personaxes da cidade que se achegan, movidos pola curiosidade. Un tren chegou e con el, un elegante Maquinista que, non máis baixar, comeza a organizar e dar indicacións a uns peculiares pasaxeiros: acróbatas, músicos, unha Adiviña, o Home forzudo, un domador... baixan unha infinidade de petates, aparatos e equipaxes porque o Circo pasará nesta máxica estación a véspera do Nadal.

Pero, e a árbore?. Se non aparece non poderán celebrar a noite máis esperada do ano. Don Búho e os seus fieis axudantes axudarán a esta compañía para comprender que o importante do nadal non son os agasallos nin a árbore de nadal , senón a bondade e a maxia que vive en cada un de nós, e a fortuna de ter con quen compartila.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 15 MIN
Prezos: 
Público xeral 12€ / Tarifa reducida 8.40€ / Tarifa Nen@s 7€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO Á VENDA DO PÚBLICO XERAL CON PRECIOS ESPECIAIS PARA ABONADOS.

A VENDA DE LOCALIDADES A PREZO REDUCIDO FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA , ACREDITANDO A SITUACIÓN CORRESPONDENTE.

+INFO 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 2 de Xaneiro de 2021 17:00