LA CIUDAD DE LAS DAMAS

DATOS BÁSICOS

(FESTIVAL SINGULAR)

Dayana é unha muller emigrante que vive en España desde hai algúns anos. Compaxina os seus estudos de máster na universidade cun traballo como camareira nas noites.  Dayana non consegue escapar dos tópicos cos que se relaciona a unha persoa emigrante, tampouco dos que se relacionan co seu xénero.



É por isto que decidiu estudar e sacarse un máster, porque sentiu a necesidade de atopar algunha explicación para que nunha sociedade da europa do século XXI, arrastrase tantos prexuízos respecto a ambas as condicións.



É nesa procura onde se atopa cun libro escrito por unha muller, Cristina de Pizán, poeta e filósofa que viviu en Francia no século XV, “La Ciudad de las damas” que trata o tema da imaxe que se tiña das mulleres entón, dos prexuízos aos que se enfrontaban, descubrindo con espanto que non dista moito da situación actual.

 

Seiscentos anos despois as mulleres continúan librando unha loita pola igualdade de dereitos practicamente igual á que se libraba entón.



Dayana lémbranos que esta loita ten máis anos dos que cremos e que as mulleres nos facemos as mesmas preguntas sen obter respostas desde fai máis de seis séculos. Durante canto tempo máis teremos que seguir alzando a voz para que ao fin se nos escoite?

 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 27 DE DECEMBRO DE 2019.

VENTA AO PÚBLICO EN XERAL A PARTIR DO 28 DE DECEMBRO.

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao publico xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 28 de Marzo de 2020 20:00