LA CALMA MÁGICA - TANTTAKA TEATROA

DATOS BÁSICOS

Sábado 17 de Outubro - 20:00 h.

Oliver é un home que quere cambiar de vida. Durante unha entrevista de traballo a súa futura xefa ofrécelle probar uns fungos alucinóxenos. Oliver comeza a ver que no futuro quedará durmido diante do ordenador e que un cliente o gravará co móbil dando cabezadas. Oliver quererá que o cliente borre ese vídeo do móbil, e o cliente non quererá. Da loita de dous cabezóns nace esta historia de busca da dignidade e do sentido da vida. Unha viaxe iniciática que nos vai levar a África, aos elefantes rosas, ao amor, á obsesión, ós allanamentos de morada, ás escopetas de caza, ao alcohol, á traizón, aos soños roubados e aos mananciais dos que xorde a auga da vida. A Calma Máxica está dedicada ao meu pai, ao desexo de poder volver falar con el, e ao rexeitamento de que as persoas se vaian para sempre. Tamén ao pracer de recordar historias como esta: Cando o meu pai viviu en Texas fíxose amigo dunha parella de rancheiros que perderan un fillo recentemente. O rapaz tiña máis ou menos a mesma idade do meu pai e parecíaselle moito. Parecíaselle tanto que os rancheiros lle fixeron a seguinte oferta: Se quedaba a vivir con eles, deixaríanlle o rancho en herdanza. Creo que aos meus personaxes lles pasa o mesmo que ao personaxe de Mishima e "a medida que transcorre o tempo, os soños e a realidade chegan a ter o mesmo valor entre os recordos. Todo o que sucedeu na realidade se mestura co que puido suceder. E como a realidade deixa rapidamente o espazo aos soños, o pasado parécese cada vez máis ao futuro. "

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 30 minutos
Prezos: 
12 € Público Xeral /8,40 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Sábado 17 de outubro - 20:00 h.

  • Público: Adultos.
  • +Info: 981 102 897
Funcións: 
Sábado, 17 de Outubro de 2015 20:00
Tanttaka Teatroa.jpg