TEATRO MUSICAL FAMILIAR E INFANTIL
Adaptación en Teatro Musical de "La bella y la bestia", que conta a historia de Bela, unha moza brillante, culta e enérxica, habitante dunha pequena aldea que vive xunto seu pai, un home tamén soñador e inventor.
Bela é unha moza independente e reservada que soña con aventuras e un mundo que se extiende máis aló dos confins do seu pobo en Francia. Bela non quere saber nada co seu pretendente, un arrogante, engreído e coñecido mozo da aldea quen a persigue sen descanso.
Todo cambia un día cando o pai de Bela é encarcelado no castelo dunha horrible Besta, e Bela ofrécese a intercambiar co seu pai e queda recluída no castelo. Rapidamente faise amiga do antigo persoal do lugar, que tamén están enmeigados por unha maldición lanzada por unha feiticeira.
A fermosa Bela, co paso das súas vivencias no castelo, darase conta de onde se atopa a verdadeira beleza nas persoas, e o final ben coñecido por todos poderás gozalo connosco en vivo e en directo no Pazo da Cultura de Narón.