LA ASAMBLEA DE LAS MUJERES

DATOS BÁSICOS

COMEDIA

"La asamblea de las mujeres"

Juan Echanove estreouse como director en Mérida con esta comedia escrita por Aristófanes no ano 392 a. de C. e versionada nesta ocasión por Bernardo Sánchez, que expón unha hilarante revolución feminina liderada por Praxágora (Lolita) e apoiada por outras cidadás atenienses para asumir o Goberno. O texto cobra en por si actualidade ao reflectir moitas das situacións e contrariedades da política e os gobernos contemporáneos. 
Lolita, Pastora Veiga, María Galiana e Pedro Mari Sánchez encabezan un elenco de nove actores que dará forma a esta divertida trama coral. Luís Fernando Alves, Concha Delgado, Sergio Pazos, Bart Santana e Santiago Crespo completan o cartel. 
Lolita lidera a revolución como Praxágora, un papel co que debutou no Festival de Mérida. Algúns dos seus compañeiros e compañeiras asumen diferentes roles ao longo da historia. Pastora Veiga encarna a Clytia e María Galiana a Althea, ademais doutros roles para apoiar a revolución de Praxágora. Pedro Mari Sánchez dá vida ao sufrido marido de Praxágora, Blipero. Concha Delgado será Lavinia. Sergio Pazos interpreta a Cremes, Santiago Crespo a un cliente de prostíbulo e Bart Santana a un cidadán. 
Entre todos montan a gran festa que imaxinou Juan Echanove para presentar esta toma do poder ateniense por parte das mulleres tras un sibilino golpe de estado no parlamento. 
Aristófanes serviuse desta "revolución feminina" para presentar a súa aguda crítica aos gobernantes atenienses e agora Juan Echanove utilízaa como escusa para facer o propio coa situación política contemporánea, para buscar o paralelismo coa situación da Grecia actual, por exemplo. Iso si, en ton de "esmorga ao aire libre" e de chirigota de entroido na que non faltará a música, composta por Javier Rubial. 
Esta foi a cuarta ocasión que o público de Mérida viu representada a comedia de Aristófanes, as tres anteriores en 1982, 1999 e a última en 2011 protagonizada por Adriana Ozores.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 HORAS
Prezos: 
Público Xeral 23€ / 16.10€ Abonados, Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), Desempregados 16.10€
Información da billeteira: 

Prezos:
ABONADOS: 16,10 € 
PUBLICO XERAL:  23,00 €

*a venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 19 de Novembro de 2016 20:00
asamblea mujeres