Domingo, 1 de febreiro ás 19:00 h.
Xebas e Cocó forman unha parella artística de paiasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretende dar a badalada: un gorila de verdade, de carne e óso.
Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañarán o aplauso do público. Non obstante, non é tanto o gorila quen vai aprender desta experiencia; Xebas e Cocó van aprender unha lección que xamais esquecerán.
Un espectáculo sobre o respecto e a liberdade.
Domingo, 1 de febreiro ás 19:00 horas
Público: Familiar infantil (a partir de 6 anos)
+ Info: 981102897