JUANA

DATOS BÁSICOS

JUANA

Juana de Arco, Sor Juana Inés de la Cruz, Juana La Loca, a Papisa Juana, Juana Doña… se hai un nome que nos vén á cabeza cando pensamos en mulleres fortes, revolucionarias, que loitaron contra vento e marea nunha época que lles era hostil ese é, sen dúbida, Juana. Este nome repítese na historia en mulleres que deixaron un legado histórico, especialmente no que se refire ás súas formas de vivir máis aló do que se lles tiña predestinado polo seu xénero e época.

Juana pon en valor esas voces das mulleres que, ao longo da historia, e en case todas as ocasións, foron condenadas desde o seu nacemento só polo feito de ser mulleres e que, a través da pel, a voz e o rostro de Aitana Sánchez-Gijón, pregúntanse incesantemente se hai un destino feminino na terra.

Así, a Papisa Juana volve dar a luz no medio dunha multitude toleada, Juana de Arco a revivir o interrogatorio do inquisidor que a queimou na fogueira ou Juana “La Loca” volve afundir as súas mans no corazón de Felipe El Hermoso…

Os ciclos do mundo, os ciclos da muller, a pel debaixo da pel… todo iso é Juana, unha produción de Losdedae, con textos de Juan Carlos Rubio, Mariña Seresesky e Clarice Lispector, a interpretación de Aitana Sánchez-Gijón, Chevi Muraday, Alberto Velasco, Carlos Beluga e Maximiliano Sanford e coa dirección e coreografía do propio Muraday. Un espectáculo que arrinca das profundidades da terra os corpos de fortes mulleres que loitaron, e loitan, por defender os seus desexos de realización.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 H E 20 MIN
Prezos: 
Público xeral 14€ / Tarifa reducida 9.80€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 13 DE MARZO INCLUSIVE.

A VENTA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE UNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA DE NARÓN ACHEGANDO A DOCUMENTACIÓN PERTINENTE.

Funcións: 
Sábado, 23 de Maio de 2020 20:00