JOHN LEE SANDERS & THE MESSENGERS GOSPEL CHOIR

DATOS BÁSICOS

O proxecto "Stars of gospel choir, con Bridget Bazile e Vicent Balsel", que tería prevista a súa actuación no Pazo o vindeiro 23 DE DECEMBRO ÁS 20.30H., será substituído por "John Lee Sanders & The Messengers Gospel Choir", outra das grandes formacións da marca Grandes do Gospel. Con motivo das novas medidas decretadas, encamiñadas a frear a propagación da Covid19, a programación do Pazo da Cultura está a a verse afectada, co cal vos iremos informando, como ata o de agora, dos cambios que poidan ir transcorrendo ao longo do período da pandemia.

John Lee Sanders:



Artista de Gospel, Blues e Músicas de Raíz



John Lee pasou a súa infancia e mocidade no Delta do Misisipi, Luisiana e Alabama, unha rexión onde o Gospel é o ADN común de xéneros tan diversos como o Soul, o Country, o Blues e a música deJazz. O temperán encontro con Martin Luther King, o dirixente histórico do Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos, e Elvis Presley, a estrela do R&R que cambiou para sempre a música popular americana, forma parte da historia americana que influenciou a John Lee Sanders, pianista, saxofonista, cantante e compositor. Unha historia na que a súa avoa materna, que vivía preto de C. L. Franklin, pai de Aretha Franklin e na veciñanza dos estudos de gravación da escena de Memphis, xoga un papel importante. Na turbulenta Alabama dos anos 60 foi testemuña do poder e a coraxe que o Gospel transmitiu ao Movemento polos Dereitos Civís na súa loita non violenta pola igualdade.

“He sido miembro de la Iglesia United Methodist en Alabama y Misisipi, templo donde había una gran coral formada por cantantes de conservatorio, un gran órgano de tubos y una orquesta sinfónica en los oficios de Navidad y Pascua, que interpretaban obras de Bach, Handel y Mozart. En otras Iglesias de la ciudad voces apasionadas cantaban los Espirituales Negros, con ritmos que hubieran sido más comedidos en la mía, voces educadas en tradiciones riquísimas sin ser académicas, capaces de conmoverte espiritual y físicamente. Eso también forma parte de mis primeros recuerdos”, dice John Lee Sanders. “He dedicado mi vida a interpretar música con y para gente de todas las edades, en cárceles, escuelas, hospitales, residencias de ancianos, grandes teatros y festivales de todo el mundo. He sido testigo del poder de la música para alegrar el alma de los olvidados y tocar a los que nunca habían sido tocados".

A música de Gospel é o berce de voces de lenda, como Sam Cooke, Aretha Franklin, Mahalia Jackson, e tantas e tantas estrelas do pop en todo o mundo.



No 2001 foi contratado por ÁMEA Black Church de Oakland, California, a denominación máis antiga das igrexas negras protestantes en América, da que formaban parte os descendentes das familias que foran parte da gran emigración a California desde o Profundo Sur nos anos 40 e 50 do século XX.



Gravou e actuou cos nomes máis recoñecidos da escena estadounidense, incluíndo a Dorothy Morrison, a voz principal en “Oh Happy Day”, a primeira canción Gospel que foi un hit nacional nos EE. UU.



Stevie Wonder, Willie Nelson, Bill Withers, Jimmy Page de Led Zeppelin, Starship, Chuck Berry, John Le Hooker, Long John Baldry e Keith Emerson, tamén están nesa lista.



En 2010 foi o pianista/cantante convidado pola multipremiada coral “Good NoiseGospel Choir” no seu concerto da catedral de Vancouver.



Xa en 2011 participou na gravación do seu disco de Nadal. Foi nomeado ao Premio Emmy no 2007 e, ao ano seguinte, ao Premio de Blues WC Handy.



Grandes do Gospel ten o pracer de presentar no Nadal do 2020 a un artista americano cunha banda excepcional: John Le Sanders & The Gospel Messengers.



With John Le Sanders (voz, piano), Nick Sullivan ( bass), Akin Onasanya ( drums), Gecko Turner ( guitar, keyboard, percussion),Deborah Ayo & Astrid Jones ( backing vocals).

 

+info  981 102 897

#ViveoPazodaCultura

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 Hora 30 minutos
Prezos: 
Público xeral 12.00€ / Tarifa reducida 8.40€
Información da billeteira: 

*PREZOS:

- TARIFA PÚBLICO XERAL: 12.00€

- TARIFA REDUCIDA: 8.40€ - para abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove o de estudante (ata 25 anos)

 

* A venta de entradas de tarifa reducida é únicamente a través da taquilla do Pazo de Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

Teléfono de atención 981 102 897

Funcións: 
Mércores, 23 de Decembro de 2020 20:30