JOAQUÍN REYES - FESTEJEN LA BROMA

DATOS BÁSICOS

SINOPSE

Joaquín Reyes presenta un novo espectáculo de humor como quedades? co cu torcido? Twisted ass?.

Preparou con gran esmero unha amálgama de parvadas para deleite do seu querido público e tamén, dalgún descoidado que se meta no teatro buscando humor intelixente. A pesar de ser xa un "viejuno" —no mundo da comedia enténdese—, Reyes non perdeu a frescura dos seus inicios chanantes isto quere dicir que segue facendo bromas sobre pedos? Efectivamente así é. Ironía fina —e tamén gorda—, ideas “ relocas” e cantigas nihilistas todo iso e moito máis é Festexen a broma!

A lombos dun pónei alazán percorrerá a gran maioría dos teatros do país, nunha xira onde se comprometeu a actuar sobrio. Non llo perdan e… festéxeno!

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
80 MIN
Prezos: 
PATIO 24€, PLANTA 1º 20€, PLANTA 2 18€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO FORA DE ABONO

 

Funcións: 
Venres, 4 de Febreiro de 2022 20:30