ISMAEL TABOADA PÉREZ

DATOS BÁSICOS

PRESENTACIÓN DO DISCO

O Pazo da Cultura será o primeiro auditorio que reciba a música de Isma Taboada, recollida no seu primeiro disco: "Sin Cadenas".

Tras seis anos de duro traballo, o 2 de outubro verá a luz este ambicioso proxecto: un LP composto por 13 temas de música de autor, no que conta coa colaboración de artistas consagrados do panorama musical de Ferrolterra.

Esta presentación marcará un antes e un despois na carreira do novo cantautor galego. Unha oportunidade única para apoiar a música en directo e descubrir a unha das grandes promesas do panorama musical.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 10 MIN
Prezos: 
Público xeral: 8,00 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): De balde
Información da billeteira: 

Público xeral: 8,00 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): De balde

Funcións: 
Sábado, 2 de Outubro de 2021 20:00