CONCERTO ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
O compositor de música cinematográfica Fernando Velázquez protagonizará a segunda edición da Semana das Músicas do Audiovisual que inclúen a grabación da última
partitura para o cine do afamado creador e un concerto en Narón coa súa música xunto coa dalgúns dos máis destacados compositores galegos.
A II Semana das Músicas do Audiovisual está organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola propia Orquesta Sinfónica de Galicia e dará comezo o 27 de novembro
e servirá para ofrecer unha serie de talleres e clases maxistrais, actividades gratuitas na súa maioría, así como a celebración dun concerto no Padroado de Cultura de Narón
—que inagura a súa nova concha acústica— baixo a dirección de Fernando Velázquez e unha selección da súa obra para o cine xunto á de autores galegos como Nani García,
Manuel Riveiro e Arturo Kress.