HELENA: XUÍZO A UNHA LURPIA

DATOS BÁSICOS

(FESTIVAL SINGULAR)

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises–, coa impotencia diante da crueldade da guerra…

 

Quen escrebe a historia?”.

 

Helena diríxese reiteradamente a nós con esa interrogante, rexeitando a maneira en que foi contada a súa vida. Agora quere que, antes de xulgala, escoitemos a súa versión dos feitos, sorprendéndonos con un relato apaixonado, intenso, cheo de tenrura, de humor, de berro e de dignidade.

 

A pola xustiza e pola igualdade; a intensa denuncia contra a violencia de xénero e os abusos do poder completan unha proposta relevante constantemente contrapesada pola ironía, o humor e o sarcasmo de Helena e pola súa expresión irrefreable, fermosa, conmovedora, da enorme paixón que lle inspira Paris; un amor inmenso inzado de tenrura, desexo, loucura, vida.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 H E 10 MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 27 DE DECEMBRO.

VENTA AO PÚBLICO EN XERAL A PARTIR DO 28 DE DECEMBRO DO 2019.

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao publico xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 13 de Marzo de 2020 20:30