MÚSICA GOSPEL - INGLÉS
The Harlem Gospel Choir é un coro de gospel que ten a súa base en Harlem, New York. É un dos coros máis recoñecidos dos EEUU.
Participaron nunha infinidade de programas de TV: Good Morning America, Top Cheff New York e The Colbert Report. Actuaron para Nelson Mandela e tamén para os Papas Juan Pablo II e Benedicto XVI. Participaron en espectáculos cos grandes da música e o showbusiness: Paul Mc Cartney, The Chieftains, Diana Ross, Whoopi Goldberg, Harry Belafonte, Danny Glover, The Dixie Hummingbirds, Jimmy Cliff, Bono, André Rieu e John Legend.
O grupo fundouse o 15 de xaneiro de 1986, o día de aniversario de Martin Luther King Jr, por Allen Bailey.
The Harlem Gospel Choir fai xiras mundiais todos os anos. O seu escenario é o mundo e as súas xiras suman máis de tres millóns de quilómetros. Foi o primeiro grupo de gospel americano en actuar en Australia, Nova Zelandia, China, Rusia, Polonia, Lituania, República Checa, Serbia e Marrocos.
Nos EEUU actúan con formacións de 40 membros, cantantes e músicos, pero nas xiras usan unha formación estándar de 10 compoñentes, 8 cantantes acompañados por 2 músicos, teclista e baterista. Son unha institución na cidade de Nova York. Actúan todos os domingos no BB King Blues Club de New York City e participan nos programas do Children´ s Museum de Manhattan, así como en moitas escolas durante o Mes da Historia Negra.