GUERRA DE IDENTIDADE

DATOS BÁSICOS

(FESTIVAL SINGULAR)

Obsesionada coa figura ausente e controvertida do pai, deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns, unha muller, metade galega, metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer a súa familia. Facendo o espectador confidente e cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo, que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, dá conta da batalla na procura de si mesma, loitando entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación, e a memoria persoal e a colectiva.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 H E 10 MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 27 DE DECEMBRO.

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIR DO 28 DE DECEMBRO.

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao publico xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 20 de Marzo de 2020 20:30