GALLAECIA ALL STARS

DATOS BÁSICOS

Domingo 20 de Setembro - 19:00 h.

Un espectáculo cunha coidada posta en escena pensado para todo tipo de público.

Durante dúas horas ininterrompidas de música de calidade, mesturada cunha historia de moito humor, Gallaecia Big Band realiza unha viaxe aos tempos das grandes Big Bands dunha forma amena e con escenas de humor que diferencian este espectáculo doutras formacións musicais.

O repertorio é unha coidada selección dos clásicos do swing, boleros, mambos, chachachás, rock and roll, soul...

Trece músicos, dous cantantes de luxo: Sergio Zearreta e Paty Lesta e dous convidados estrela: Sito Sedes e Luis Iglesia.

¡¡¡ Música, teatralidade e moita diversión, farán que a festa sexa inesquecible!!!

Xénero: 
  • Música
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 horas
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6.65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Domingo 19 de Setembro - 19:00 h.

  • Público: Todos os públicos
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Domingo, 20 de Setembro de 2015 00:00
Gallaecia Big Band.jpg