GAIA

DATOS BÁSICOS

DANZA CONTEMPORÁNEA - Familiar e infantil a partir de 3 anos

O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente... Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente. GAIA perténcenos a tod@s. Podemos debuxar xunt@s,  un mañá feliz e un mundo a toda cor.

 

Presentación da peza:

Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar "GAIA". Realiza, así, o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo XOGA. 

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa.

É unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.

É un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente.

  

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POLA COMISIÓN DE DANZA DA REDE NACIONAL DE TEATROS, AUDITORIOS, CIRCUITOS Y FESTIVALES do INAEM para o ano 2019. Forma parte do Catálogo Danza a Escena 2019. En ano e medio, leva case 40 representacións por toda España 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
50MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa Nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

*Prezos:

-Abonad@s: 6.65€

-Público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de Estudante (ata 24 anos)

-Tarifa nen@s: 5.50€ - para menores de 14 anos

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 12 de Xaneiro de 2020 18:00
gaia