A FRAUTA MÁXICA DO MAXÍN - OS MONICREQUES DE KUKAS

DATOS BÁSICOS

Martes, 29 de decembro - 18:00 h.

Tomando como punto de partida  o libreto  e a adaptación musical para instrumentos de vento da ópera a Frauta Máxica, Marcelino de Santiago crea un espectáculo musical no que se introduce ó espectador no intre no que o mestre Mozart está a soñar e crear a música que para o libreto dunha ópera lle trae o empresario teatral Emanuel Schikaneder, de tal xeito que a modo de teatro dentro do teatro as diferentes escenas da ópera se representan con marionetas que interpretan con mímica as accións dramáticas acompañadas pola música de instrumentos de vento interpretada polo quinteto Zoar e que previamente son explicadas dun xeito teatral e ó mesmo tempo didáctico en clave de humor polo actor - narrador que interpreta a Mozart.

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
60 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) Desempregados
Información da billeteira: 

Martes, 29 de decembro

  • Público: Infantil e Familiar
  • Entradas a venta nas billeteiras do Pazo da Cultura
  • +info: 981 102 892

 

Funcións: 
Martes, 29 de Decembro de 2015 18:00
Monicreques  Kukas.jpg