FOUCELLAS - TALÍA TEATRO

DATOS BÁSICOS

Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un home do monte, un deses que a xente denominaba xenericamente un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida, acomete a súa derradeira acción: o atraco, con secuestro incluído, dun labrador acomodado, antigo militante agrarista, e da súa muller. Un contexto límite, un tempo terminal, no que catro personaxes perfilados e contrastados psicoloxicamente acaban entrando nun dinámico debate, dramático mais por veces divertido, no que conceptos como firmeza, utopía, resistencia, inercia, resignación, adaptabilidade, vontade, destino... son as armas dunha crúa batalla dialéctica entre a esperanza e desespero. Unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén un motivo metafórico para reflexionarmos sobre un transo co que, en maior ou menor medida, nos enfrontamos decote nas nosas vidas: a administración da derrota.

Xénero: 
  • Teatro
  • Clásico
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 20 minutos
Prezos: 
9,50€ Público Xeral / 6,65€ Abonados-Carné Xove ou de Estudante(ata 25 anos)-Desempregados
Información da billeteira: 

Público adultos

+ Info e Reservas: 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 19 de Marzo de 2016 20:00
cartel FOUCELLAS (mail).jpg