A FILLA DE WOODY ALLEN

DATOS BÁSICOS

A FILLA DE WOODY ALLEN - IBUPROFENO TEATRO

COMEDIA - FESTIVAL SINGULAR

 O punto de partida de "A filla de Woody Allen" é o inicio dunha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova Iork é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.

 

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 10MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:

Abonad@s 6.65€

Público xeral 9.50€

Tarifa reducida 6.65€

Espectáculo en período de reserva de abonados.

Venda de entradas ao público en xeral a partir do 4 de Xaneiro.

+ info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 9 de Marzo de 2018 20:30
a-filla-de-woody-allen.jpg