FESTEJEN LA BROMA

DATOS BÁSICOS

Joaquín Reyes presenta un novo espectáculo de humor como quedades? co cu torcido? Twisted ass?.

Preparou con gran esmero unha amálgama de parvadas para deleite do seu querido público e tamén, dalgún descoidado que se meta no teatro buscando humor intelixente.

A pesar de ser xa un viejuno —no mundo da comedia enténdese—, Reyes non perdeu a frescura dos seus inicios chanantes. Isto quere dicir que segue facendo bromas sobre pedos?

 

Efectivamente así  é.

 

Ironía fina —e tamén gorda—, ideas “ relocas” e cantigas nihilistas todo iso e moito máis é Festejen la broma!

A lombos dun pónei alazán percorrerá a gran maioría dos teatros do país, nunha xira onde se comprometeu a actuar sobrio. Non o perdan e… festéxeno!

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 Hora 30 minutos
Prezos: 
24€
Información da billeteira: 

Patio de Butacas: 24,00 €

Primeiro Anfiteatro: 22,00 €

Segundo Anfiteatro: 20,00 €

Espectáculo fóra de abono

Funcións: 
Domingo, 13 de Decembro de 2020 19:00