Mamá Cabra presenta un novo espectáculo en grande formato e no que fará un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións.
Unha proposta diferente no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.
Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil.
Despois de 15 anos de historia, Mamá Cabra consolidouse como unha das bandas de música infantil de referencia que reúne a miles de persoas siareiras.
Durante este tempo Mamá Cabra leva publicados 14 traballos nos que participaron moitísimos músicos que foron aportando todos os ingredientes para medrar e ser a Mamá Cabra que son hoxe.
Chega agora ós escenarios cunha proposta en de concerto - teatro con un elenco de 4 actores e actrices, e 5 músicos.
*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Venres 28 de xullo.
**A venda de entradas para os espectáculos infantiles farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.
+info 981 102 897