FALAR SEN CANCELAS

DATOS BÁSICOS

Hai xente que fala por falar. Outros falan polos cóbados. Algúns falan os sete falares. E non son poucos os que falan do xato e se esquecen do trato. Porque prefiren falar dos biosbardos, das nubes ou do sexo dos anxos antes que ir ao conto. Soltar unhas parrafadas -mesturando o allo co bugallo e sen querer quitarlle lobos ao asunto- é unha arte que, se se manexa ben, dá xenio escoitar. En definitiva, que o falar non ten cancelas; porque temos, igual que acontece coa choiva, mil e unha maneiras de describir as nosas formas de conversar.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
75 MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€, Abonados/desempregados/carnet estudante ata 25 anos 6.65€
Información da billeteira: 

Espectáculo en período de venda de abonados ata o 22 de novembro.

Venta ao público en xeral a partir do 23 de novembro.

As entradas a tarifa reducida soamente se poden adquirir na taquilla coa correspondente acreditación.

Funcións: 
Xoves, 13 de Decembro de 2018 20:30
falar_sen_cancelas_02_baixa.jpg