Poucas veces o nome dun espectáculo cumpre tan perfectamente coa premisa de manifestar os sentimentos duns creadores: Como en casa ni hablar! Faemino e Canso conseguen con Como en casa ni hablar! a extra-madurez. Lembremos que a madurez xa a alcanzaron hai bastantes anos. Que pretenden con este novísimo espectáculo? Pretender, pretender, nada. O que lles gustaría é que a xente rise polo menos 23 veces e que ao saír do teatro fosen mellores persoas e atopasen o sentido da vida. E que utilizan para iso? 26 frases de contido hilarante espalladas durante a representación. E dado que só buscan 23 gargalladas trataríase de: 1) cubrirse as costas ou 2) un extra ou bonus-track. Concretemos. En que consiste este espectáculo?: Parodia do cómico "lasvegiense", parodia do mimo "circosoliense", parodia da atracción "cruceriense", parodia do "cuentachistiense" e moito salero. Este espectáculo foi creado entre a soidade dos campos e collados de Soria e a algarabía frenética e insoportable da Cava Baixa de Madrid E nótase!