FÍOS

DATOS BÁSICOS

FÍOS

Nominada aos premios Max por Mejor autoría teatral gallega 2013.

 "Fíos" é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música. Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos. En Fíos os diferentes personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións, así coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que nada máis que se quere namorar, Dona Margarita viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito descubrirá que quere ser de maior. Fíos é un espectáculo para soñar e non esquecer  porque din que as historias perduran cando as gardamos na nosa memoria e de vez en cando as recordamos para contarllas  aos nosos seres queridos.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
45 MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa Nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENDA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO INCLUSIVE

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIRES DO 29 DE DECEMBRO DE 2020

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 21 de Marzo de 2021 18:00