ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA - SARABELA TEATRO

DATOS BÁSICOS

Do Premio Nobel de Literatura (1998), José Saramago e baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda e cinematografía de Jorge Coira (18 Comidas) e Gaspar Broullón chega "Ensaio sobre a cegueira"

Un home parado diante dun semáforo en vermello fica cego subitamente. É o primeiro caso dunha «cegueira branca» que se expande de maneira fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.
 
José Saramago traza unha imaxe  conmovedora dos tempos que vivimos. Nun mundo así, haberá algunha esperanza?
Con todo, albíscase a posibilidade de que homes e mulleres se rediman pola práctica da lei, da solidariedade, da moral e da ética.
Ensaio sobre a cegueira: é a ficción dun autor que nos alerta sobre «a responsabilidade de ter ollos cando outros xa os perderon»
 
Somos unha cousa que non ten nome. Temos ollos que vendo non vén.

 

   

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 30 minutos
Prezos: 
9,50 € Público xeral - 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) – Desempregados
Información da billeteira: 
Funcións: 
Sábado, 30 de Xaneiro de 2016 20:00
Cartel Ensaio sobre a cegueira