EN EL ESTANQUE DORADO

DATOS BÁSICOS

Domingo, 7 de xuño ás 20:00 h.

A produción de Pentación “En el estanque dorado” de Ernest Thompson converteuse nun dos grandes éxitos da carteleira teatral nacional e continúa, despois de máis dun ano de xira ás súas costas, enchendo teatros e obtendo excepcionais críticas. Dirixida por Magüi Mira, versionada por Emilio Hernández e protagonizada por Lola Herrera e Héctor Alterio, fora traducida a trinta idiomas e producida en máis de corenta países antes de chegar a España.
Segundo palabras da súa directora Magüi Mira: "Con Lola Herrera e Héctor Alterio, a emoción está servida. A bágoa e a risa. A beleza incontestable de dous grandes por primeira vez xuntos nas táboas dos teatros de España. É un pracer para min. Vai por vostedes. "
A entenrecedora adaptación do texto, xa considerado como un clásico do teatro contemporáneo, espertou moitas expectativas entre o público e a prensa especializada. Como era de esperar, dunha produción encabezada por estas dúas grandes figuras do teatro, foi un éxito dende a súa estrea no teatro principal de Zaragoza en outubro de 2013. Actualmente continúan desbordando talento, química e saber facer sobre o escenario, e para gozo de todos os amantes do teatro, continuarán facéndoo durante o 2015.

En el estanque dorado.
A idade. O medo. O amor. A soidade. A risa.
A loita pola vida dentro dunha familia.
Unha illa de esperanza fronte ao perigo de
extinción: da natureza, da familia,
da parella, da vida.
Unha valiosa reflexión sobre o difícil que é
conseguir relacións positivas. A calquera idade.
En calquera momento. O gozo é posible a pesar
do implacable acoso do tempo.
Magüi Mira

Xénero: 
  • Teatro
  • Contemporáneo
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora
Prezos: 
15 € Público xeral / 10,50 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Domingo, 7 de xuño ás 20:00 h.

  • Público: Adultos
  • + info: 981 102 897
Funcións: 
Domingo, 7 de Xuño de 2015 00:00
enelestanquedorado-7.jpg