EMILIA

DATOS BÁSICOS

EMILIA - TEATRO DEL BARRIO

Emilia é a primeira parte da triloxía Mulleres que se atreven, que trata de posicionar a mulleres brillantes da nosa historia no lugar que pensamos que lles corresponde así como dalas a coñecer ao gran público. Emilia mostra a loita dunha muller, Emilia Pardo Bazán, que , no final do século  XIX , se obceca en ser ela mesma, é dicir, en conducirse de acordo cos seus desexos e vontade  de escribir e participar na vida pública. Emilia tratou de ingresar na Real Academia da Lingua, sen éxito, a súa insistencia valeulle a reprobación de moitos dos seus contemporáneos, mesmo despois de solicitar a admiración dalgúns outros.

Por encima das polémicas, en Emilia sobresae a figura ducha muller forte, intelixente e estraordinariamente divertida.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral 9.50€, Abonados/desempregados/carnet estudante 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 4 DE XANEIRO DE 2019

A VENDA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE UNICAMENTE NA TAQUILLA DO PAZO DA CULTURA DE NARÓN, ACREDITANDO A CONDICIÓN DE DESEMPREGADO OU ESTUDANTE MENOR DE 25 ANOS.

Funcións: 
Venres, 22 de Marzo de 2019 20:30
1479466709_335768_1479479473_noticia_normal.jpg