EL TRIÁNGULO AZUL - MICOMICÓN

DATOS BÁSICOS

Sábado 14 de Novembro - 20:00 h.

Os españois foron os primeiros en entrar en Mauthausen e os últimos en saír.Sete mil españois pasaron por Mauthausen. Os que sobreviviron non chegaron a dous mil...
O triángulo azul é unha intriga angustiosa e un cabaret grotesco no recordo dun suboficial nazi, xefe do laboratorio de identificación fotográfica, que mira atrás para intentar explicar aos seus fillos o inexplicable: o exterminio organizado de millóns de seres humanos máis terrible que exista xamais. Os seus recordos póusanse na arriscada peripecia daqueles españois que sacaron as fotografías do campo e que serviron para incriminar a varios dirixentes nazis nos xuízos de Nüremberg e no carácter singular daquel grupo nacional capaz de pedir permiso, naquel inferno, para facer unha revista musical: veremos o crematorio, a cheminea, a escaleira de 186 peldaños, a alambrada electrificada, a través dun chotis, dun número de zarzuela, dun pasodobre, dunha habanera. E veremos a violencia implacable dos caprichos de Goya e o soño da morte de Quevedo nunha estremecedora simbiosis coa violencia e a morte do campo de concentración e de exterminio, onde aqueles españois sempre atoparon unha esperanza de vida no humor e onde deron un exemplo de valentía e solidariedade.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 horas 15 minutos
Prezos: 
15,00 € Público Xeral, 10,50 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Sábado 14 de Novembro - 20:00 h.

  • Público: Adultos
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Sábado, 14 de Novembro de 2015 00:00
EL TRIÁNGULO AZUL.jpg