EL REY- TEATRO DEL BARRIO

DATOS BÁSICOS

Que papel xogou a monarquía en España no últimos corenta anos? A que fins serviu? 
Cales son os obxectivos da monarquía española para as próximas décadas?

“El Rey” é unha ficción cuxo personaxe central chámase Juan Carlos I. Un home que, no epílogo da súa vida, cae da cima ao soto. Polo menos, simbólicamente Un home que, ao parecer, xa non serve. Aínda que serviu moito. Pero, para que? Para quen?

Outros personaxes deste relato completamente libre son Don Juan de Borbón, Francisco Franco, Chicho Sánchez Ferlosio, Henry Kissinger, Adolfo Suárez ou Felipe González. Un mundo de homes en loita por construir o mundo tal como conciben.

O presidente da Asociación para a recuperación da memoria histórica, Emilio Silva, afirma que: “a construción de ignorancia sobre o noso propio pasado é política de estado en España”. 

“El Rey”, quinta produción de Teatro del Barrio, é unha ficción contra a ignorancia. Coa convicción de que só pode cambiar a súa realidade aquel que a coñece.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 30 minutos
Prezos: 
12,00 € Público Xeral; 8,40 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) – Desempregados
Información da billeteira: 
Funcións: 
Venres, 26 de Febreiro de 2016 20:30
Sábado, 27 de Febreiro de 2016 20:00
foto valida.jpg