MUSICAL INFANTIL - Castelán
Había unha vez un rosmón de cor verde que vivía co seu can Max na montaña máis alta de Villa Quien, unha cidade veciña de Molaplus, a capital do país Pekebaila.
Todos os bonecos, bonecas e habitantes do país adoraban o Nadal e, como cada ano, agardaban con gran alegría e impaciencia a chegada de Papá Noel.
Pero, cal é o verdadeiro espírito do Nadal? Pinocho, o rato Pérez e a súa comitiva, farán que lle guste o Nadal ao rosmón verde? E os habitantes de PeKebaila, vila animada e feliz, que dirán?
A todo isto, en Molaplus, no Nadal deste ano, agardan a visita da Raíña do Xeo e do seu séquito, incluída a Dama Azul ...
Temos que recuperar o Nadal e facer que o Grinch non sexa tan malo! Ven e comparte esta aventura única de Nadal con nós e con “PeKebaila Mundo Mágico”