TRAXICOMEDIA CONTEMPORANEA
"El padre" é cualificada polo propio autor Florian Zeller de farsa tráxica . E aí radica a súa grandeza e a súa dificultade. Trata un tema tan espiñento como a perdida da realidade debida á vellez. Colócanos na perspectiva dunha mente confusa ou , quizá, confundida polos intereses dos que lle rodean, nunca o saberemos.
Sen ridiculizar xamais o carácter principal, Andrés fainos rir. As situacións ambiguas, moitas veces contraditorias, as réplicas mordaces, os personaxes duplicados, cambiantes, e por encima de todo a dúbida de se o que realmente sucede é o que di a familia ou é o que sente o pai, producen unha das obras máis divertidas, apaixonantes e profundas do teatro contemporáneo.
Moitas veces achégase ao drama, outras moitas á comedia e a maioría da veces a un inquietante ?thriller? ao estilo Hitchcock.
Nunca decae e cando cremos estar nunha certeza, un revés inesperado, unha imaxe nova desconcértanos e vólvenos a atrapar. Gran e divertido teatro.
Naturalmente é unha obra escrita para un actor. Contar con Héctor Alterio para o papel principal converte este proxecto nun soño para calquera equipo xa que o rigor, a intelixencia, o dramatismo e o sentido do humor están garantidos.