EL MINUTO DEL PAYASO

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL SINGULAR

No día do "Festival de homenaxe ao circo", unha función benéfica na que van pasando números circenses nun teatro, un pallaso espera a súa quenda. Van facer que salga ao escemario por unha trampilla...

Nun minuto Charlie Rivel facíanos chorar de risa. E Tortell Poltrona quéntanos o corazón. A xente entra con toda a súa merda e con todo o seu mundo fillo de puta. E nun minuto arríncasllo e tíralo lonxe, fóra de aquí. Logo saen á rúa e tropézanse con el e vólvenllo a meter no peto.

Métense no peto o seu mundo fillo de puta coma se fosen a chaves da súa casa. Pero quedóuselles dentro a luceciña do sorriso. E cando menos o esperaban, no medio do seu mundo fillo de puta, méteselles no oído a voz de Zampabolos: "Un puentecito, un puentecito", ou a voz de Charlie Rivel: "Uhhhhhh", ou a voz de Pepe Viyuela: "Jodeerr"

Ese minuto pódelles salvar a vida... o minuto do pallaso.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 15MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:

ABONADOS: 6.65€

PÚBLICO XERAL: 9.50€

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 17 de Marzo de 2017 20:30
Teatro del Zurdo.gif