EL LAGO DE LOS CISNES - CONCERLÍRICA

DATOS BÁSICOS

Domingo, 3 de xaneiro - 19:00 h.

PRÓLOGO

Á beira do Lago

A Princesa Odette recolle un día flores xunto ao lago, cando aparece o bruxo Rothbart e a transforma en cisne.

Acto I

O xardín do castelo do príncipe Sigfrido.

Como motivo do seu vixésimo aniversario, Sigfrido, o novo príncipe, está a celebrar unha festa no xardín do seu pazo con mozos da súa corte e estranxeiros. O ambiente de festa vese perturbado pola entrada da Raíña e as súas damas. Esta comunícalle a Sigfrido que, ao día seguinte, terá lugar un baile polo seu aniversario e alí, entre as máis fermosas damas, deberá escoller a súa futura esposa. Ante a noticia, o príncipe é invadido pola melancolía, polo que os seus amigos deciden invitalo a ir de caza.

Acto II

Á beira do lago

O príncipe, preparado para a caza, camiña cara aos cisnes armado e, nese momento, entra no claro a máis fermosa muller que nunca viu. Sorprendentemente, a moza parece ser cisne e muller á vez, a súa fermosa cara está enmarcada por plumas de cisne. O príncipe achégase, pregándolle que non marche voando e, ante o seu medo, indícalle que a protexerá.

A Raíña dos Cisnes chámase Odette. Ela explícalle que ese lago foi formado coas bágoas da súa nai porque un feiticeiro malvado, Rothbart, converteu a súa filla na Raíña Cisne. Ela e a súa corte seguirán sendo cisnes agás entre a media noite e o amencer, que é cando asumen a súa forma humana. Este maleficio rematará cando un home valente e leal lle xure amor eterno. Ámbolos dous mozos namóranse rapidamente. Tras coñecer a historia, o príncipe, pola súa banda, dille que debe ir a próxima noite ao baile do castelo xa que debe escoller futura esposa e ela será a elixida. Xusto neste momento, o mago aparece á beira do lago, facéndolle acenos ameazadoras para que Odette volva a el.

Cando os amantes deixaron o claro, todos os cisnes na súa forma humana entran bailando dende a beira do lago.

Acto III

Salón de baile do castelo

Celébrase a festa no castelo onde Sigfrido deberá elixir esposa. Acudiron multitude de embaixadores e belas princesas de terras afastadas. Entra a raíña nai xunto a Sigfrido e o mestre de cerimonias dá comezo ao festexo. Preséntanse as mozas casadeiras e a raíña pídelle ao seu fillo que elixa esposa. El pensa en Odette e négase a escoller esposa, provocando o enfado da súa nai. Nese momento, o mestre de cerimonias anuncia a chegada dun nobre descoñecido e a súa filla. É o barón Rothbart, que chega á festa coa súa filla Odile. O príncipe, engaiolado polo mago, cre ver a Odette en Odile polo que a escolle como a súa esposa. A raíña nai acepta e Sigfrido xúralle a Odile amor eterno. Rothbart descóbrese e mostra a Odette ao lonxe. Sigfrido decátase do seu terrible erro e corre desesperado cara ao lago.

Acto IV

Xunto ao Lago

Ás beiras do lago as mozas-cisnes esperan tristemente a chegada de Odette. Ela chega chorando desesperada, contándolles ás súas amigas os tristes acontecementos da festa no castelo. Aparece Sigfrido e implóralle o seu perdón. Reaparece Rothbart, reclamando o regreso dos cisnes. Sigfrido e Odette loitan contra el pero todo é en van, pois o maleficio non pode ser desfeito. Os dous namorados suicídanse lanzándose ao lago. Rothbart morre a consecuencia dese sacrificio de amor e os outros cisnes son liberados do maleficio. Finalmente, os espíritos de Odette e Sigfrido aparecen no lago, xa xuntos.

 

 

 

Xénero: 
  • Danza
  • Clásica
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 horas e 15 minutos
Prezos: 
22,00 € Público xeral / 15,40 € Abonados, carné Xove ou estudante (ata 25 anos), desempregados
Información da billeteira: 

Domingo, 3 de xaneiro

  • Todos os públicos
  • + info: 981 102 897
Funcións: 
Domingo, 3 de Xaneiro de 2016 19:00
Concerlírica 1.jpg