Sábado, 21 de marzo ás 20:00 horas
Luis Piedrahita (A Coruña, 1977) é un dos humoristas con maior traxectoria e recoñecemento deste país.
Escritor e director consolidado, preséntanos o seu espectáculo: “El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable”.
Luis Piedrahita fai o humor como se bican os ourizos, moi amodiño. Neste espectáculo xoga co idioma, estrúllao e retórceo, para sacarlle todo o xugo e aclarar algunhas dúbidas existenciais que o perseguiron dende sempre. Dúbidas como: " Que pasa se tomas veleno caducado, mátate máis ou mátate menos?" “Ou as prantas de interior... ¿na natureza ónde viven? ".
Tras o éxito de “¿Por qué los mayores construyen los columpios siempre encima de un charco?” e de “Dios hizo el mundo en siete días… y se nota”, Luis Piedrahita volve á carga “El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable”. Unha recompilación dos seus textos máis recentes, destinada a divertir e emocionar. Humor do cotián, humor branco, en ocasións surrealista e sempre familiar.
Luis é colaborador e guionista de “El Hormiguero 3.0”. Tamén traballou para programas de televisión como “El club de la comedia”, “Cruz y Raya” e o programa de maxia “Nada por aquí”.
Escribiu varios libros de éxito e dirixiu, xunto a Rodrigo Sopeña, a longametraxe “La habitación de Fermat”, estreada en máis de cincuenta países.
ESPECTÁCULO FÓRA DE ABONO