NOVO CIRCO
Onde residen os obxectos? Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, chamativos ou discretos … pero, non están vivos.
O lugar no que os obxectos destellan e se inflaman coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por esto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabrón, os drons, os as cometas e as estrelas.
Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Personas que desenvolven unha cualidad especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida.
Pero fora diso e ó igual que o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu entorno, cos seus retos, cos seus problemas, cos seus atributos e carencias, e tratan de manter todo no ar para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo.
Por iso Drop xoga, constantemente e máis que nunca, coa metáfora que compara ós malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas.
Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nos. E, durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos sair do chan e voltar a caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis que un xogo.