DON GAIFEROS

DATOS BÁSICOS

DON GAIFEROS Obra teatral con actores, monicreques e músicos que, a modo de opereta e partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalicese, incorporando cancións e músicas do folclore galego, conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pés do Santo na Catedral compostelá. Nesa viaxe atemporal atoparase con diferentes personaxes como Exeria, a dama que peregrina a Xerusalén; un arrieiro maragato; uns cómicos italianos; un demo que, unha e outra vez, quere desvialo do seu camiño ofrecéndolle todo tipo de praceres mundanos e ata unha reporteira da televisión galega. Ademais, incorpóranse diferentes personaxes, arquetipos dos diversos peregrinos que viaxan a Compostela, coma un faquir hindú co seu elefante, un escocés, un portugués, unha andaluza flamenca así como lendas, costumes, lugares e monumentos representativos do feito xacobeo ata rematar aos pés do Apóstolo Santiago no Pórtico da Gloria.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORAS
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa Nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO DE 2020 INCLUSIVE

VENTA XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO 2020

*Prezos:

-Tarifa público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos

-Tarifa abonad@s: 6.65€  - para abonados / as

 

*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 18 de Abril de 2021 18:00