DESDE UNA VENTANA-TOUR

DATOS BÁSICOS

ANDRÉS SUÁREZ - “DESDE UNA VENTANA TOUR”
Vitalista, alegre, expansivo… volve Andrés Suárez con "El corazón me arde", primeiro adianto do seu novo álbum, que se publicará o próximo xuño. As guitarras eléctricas e os órganos conducen este poderoso tema con tratamento de auténtico rock, unha canción que deixa atrás antigas melancolías e o aire introspectivo do seu anterior "Mi pequeña historia", coma se quixese ofrecer un aperitivo do que será a xira que está por vir.
Para gravalo, Andrés foise cos músicos da súa xira, aos que se refire como o bandón, aos estudos Music Lan de Girona. Tocando todos á vez, como nos directos, fixeron as tomas que se converterán nas 14 cancións máis un bonus- track de "Desde una ventana", un título que fala da indiscutible apertura ao mundo do cantautor galego. “É unha xanela aberta ao mar, á praia, á luz, desde a mirada dunha persoa que atravesa un momento sentimentalmente agradable, un momento de felicidade”, razoa.
É un álbum cociñado a lume lento, no que Andrés traballou durante seis meses, e no que ademais de rock pódese atopar folk e mesmo fado. “Escóitoo e soa a min”, resume o artista, que confesa que durante a súa gravación xamais tivo a sensación de estar a traballar nun estudo. “Era como tocar en directo. Parecíame estar en Libertad 8”, afirma, en referencia ao pequeno club de Madrid onde comezou a gañar popularidade tras dar o salto desde Galicia á capital de España.
A produción correu a cargo do arxentino Adrián Schinoff, con Andrés Litwin e Suárez como coproductores e coas mesturas de Bori Alarcón. Entre todos eles deron forma a esta especie de crebacabezas de pezas dispares que, ensamblado, reflicte mellor que ningún outro traballo a personalidade do artista galego.
O seu adianto do novo álbum "El corazón me arde" permite presaxiar que é unha historia que apenas acaba de comezar.

 

Xénero: 
  • Música
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 HORAS
Prezos: 
Patio Butacas: 25€ ,Platea 1: 22€, Platea 2: 18€
Información da billeteira: 

Espectáculo fora de bono

Entradas xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou a través da web https://www.padroadodecultura.es/

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 3 de Marzo de 2018 20:00
CARTEL ANDRES SUAREZ 3.jpg datada.jpg