ROCK EN FAMILIA é un espectáculo no que toda a familia pásao ben.
Grandes e pequenos gozan por igual da experiencia da música en directo, ao tempo que descobren a historia e as cancións dalgún dos artistas e grupos máis importantes e relevantes da historia do rock.
A través de contacontos e unha grande banda tributo descobremos nesta ocasión a THE BEATLES, a banda recoñecida como máis exitosa comercialmente e a máis loubada pola crítica da historia da música popular.
*PREZOS:
- TARIFA PÚBLICO XERAL: 9.50€
- TARIFA REDUCIDA: 6.65€ - para abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos)
- TARIFA NEN@S: 5.50€ - para menores de 14 anos
*A venda de entradas a tarifa reducida farase únicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.
Telefono de atención 981 102 897