DEMENTE

DATOS BÁSICOS

En “DeMente” plasmaremos unha realidade,  un estigma,  unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas.   A reclusión practicamente carceraria das persoas “dementes” en tempos pasados, os amoreamentos de persoas enfermas, as contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros medicamentos), os suicidios (“O tolo cando entraba no manicomio só lle quedaba esperar a morte.”), a explotación da enferma, “os almacéns de carne humana”...

Deste xeito, amosaremos en escena a evolución dos tratamentos en persoas que padecen trastornos mentais, dende os amoreamentos practicamente carcerarios ata a externalización dos nosos días.  Por que as doenzas mentais nos dan certo medo? Por que coloquialmente utilizamos expresións como “estás para encerrar”, “estás para atar”, “estás tolo”? Pensamos que unha solución para o “tolo” ou a “tola” ten que ser o encerro ou sufrir algún tipo de contención mecánica ou química?

É necesaria a integración na sociedade e a normalización como outro tipo de doenza, loitar contra o estigma. Estas e moitas outras cuestións serán tratadas en escena. Como se dicía nunha carta dunha persoa “demente” ao director do Manicomio de Conxo nos anos 40: “no son los pobres locos reconocidos los que hacen daño al planeta, sino los grandes locos por reconocer”.

Exemplificaremos algunhas destas doenzas e tamén o trauma que supoñen: “Nunca tratei cun paciente con esquizofrenia cunha vida que, tal e como a experimentou o paciente, non me volvera tolo a min ou a calquera.” (Bertram P. Karon).

Autor : Francisco Sieira González

Dirección : Carla Diego Luque

Adaptación : Carla Diego Luque / Francisco Sieira González

Escenografía : Carlos Alonso Alonso

Deseño son :  Isaac Millán Lledo

Deseño iluminación : Fidel Vazquéz Díaz

Vestiario : Carlos Alonso Alonso

Música : Cristian Silva Bóveda

Coreografía : Francisco Sieira González

Elenco artístico: Francisco Sieira González, Martín Mondragón Rivadulla, Adela Otero Vázquez, Artur Pastoriza Puga, André Ádrio Rodríguez, Patricia Sánchez Seoane

 

Xénero: 
  • Danza
  • Tradicional
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 H
Prezos: 
Público xeral: 9,50 € Abonados-Desempregados-Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65€
Información da billeteira: 

2023-04-15 - 20:00:

  • ABONADOS: 6,65 €
  • PÚBLICO XERAL: 9,50 €
  • DESEMPREGADOS, CARNÉ XOVE OU ESTUDANTE ( ATA 25 ANOS ): 6,65 €

VENDA LIBRE A PARTIR DO 23 DE DECEMBRO

 

Funcións: 
Sábado, 15 de Abril de 2023 20:00