DA AVARICIA, A LUXURIA E A MORTE

DATOS BÁSICOS

TEATRO ACTUAL

De xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte. Da singular e poética; “Ligazón” (auto para siluetas), lívida como o vento, pasando pola espectral e contundente “A rosa de papel” (novela macabra), fraguada no lume, até a americana e patriótica “A cabeza do Bautista” (melodrama para marionetas), tallada en terra, todas elas expresadas nunha tradución que é reposición con aceno de canónica.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 50MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:

-Tarifa público xeral: 9.50€

-Tarifa abonad@s: 6.65€

-Tarifa reducida: 6.65€ (Desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos)

* A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

** Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do sábado 18 de agosto.

+info: 981 102 897

Funcións: 
Venres, 28 de Setembro de 2018 20:30
luxuria.jpg