D. JUAN TENORIO EN FEMENINO

DATOS BÁSICOS

Domingo, 1 de novembro

Drama romántico escrito por José Zorrilla no que a morte ten un papel fundamental. Todo comeza cunha aposta entre Don Juan e Don Luis: o primeiro debe conquistar a unha novicia. O xogo convírtese nun gran escándalo que manterá en vilo á cidade de Sevilla.

O Teatro Colón leva a escena o Don Juan Tenorio de Zorrilla, un texto moitas veces acusado de antifeminista, e faino dende o punto de visto feminino. Un equipo integrado exclusivamente por mulleres pon en marcha este proxecto no que une a innovación teatral. mediante a adaptación do texto e a posta en escena das linguaxes contemporáneas- e a acción social- a través da colaboración con distintas entidades, asociacións e empresas do noso entorno-, contribuindo deste xeito a crear sinerxias que supoñan non só o fortalecemento so sector escénico senón tamén do entorno socio económico. A peza é o resultado dunha serie de obradoiros e cursos impartidos a actrices non profesionais ou en proceso de formación.

 

 

 

Xénero: 
  • Teatro
  • Contemporáneo
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 horas
Prezos: 
7 €
Información da billeteira: 

Domingo 1 de novembro

  • Público: Adultos
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Domingo, 1 de Novembro de 2015 19:00
Tenorio en femenino.jpg