DÚAS DONAS QUE BAILAN

DATOS BÁSICOS

TEATRO ACTUAL

"Unha muller maior, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de cómics da infancia, resístese a abandonar o piso no que habita desde nena, malia a presión dos fillos e da axencia inmobiliaria; todos eles teñen outros plans para a vivenda. Neste agasallo teatral, Benet i Jornet   fainos compartir  os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha  viaxe brutalmente divertida e conmovedora, chea de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacables embates que teñen que afrontar: desafiuzamentos, alzhéimer, desencontro xeracional e outros pequenos asuntos que lles vai impoñendo a imparable dinámica da sociedade capitalista contemporánea."

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 50MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:

-Tarifa público xeral: 9.50€

-Tarifa abonad@s: 6.65€

-Tarifa reducida: 6.65€ (Desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos)

* A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

** Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do sábado, 18 de agosto.

+info : 981 102 897

Funcións: 
Venres, 19 de Outubro de 2018 20:30
Dúas donas que bailan.jpg