CRIMEN Y TELÓN

DATOS BÁSICOS

Señores espectadores, quedan detidos coma sospeitosos, cómplices ou testemuñas dun artificio en primeiro grao. Teñen dereito a rir, chorar , emocionarse , seguir o ritmo das cancións e non desvelarlle a ninguén o final de Crimen y Telón. O teatro Morreu e o detective Noir ten que descubrir ao asasino antes de que a axencia Anti Arte desvele o segredo do seu escuro pasado. Para iso percorrerá a historia do teatro en busca de verdades ocultas mentres unha rede de misteriosos personaxes conspiran na sombra...

Unha homenaxe ao teatro universal con forma de thriller de xénero negro, ambientado nun futuro próximo no que as artes están prohibidas e o noso planeta , convertido en cidade Terra, é liderado por unha intelixencia artificial cun exército de drons. Unha investigación a contrarreloxo na que o asasino podería ser calquera. Incluso vostedes, señores espectadores.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H E 30 MIN
Prezos: 
Público xeral 12€ / Abonados, carné Xove o de estudante ata 25 anos), Desempregados 8.40€
Información da billeteira: 

Público xeral 12€

Abonados , carné Xove (ata 25 anos) , desempregados: 8.40€

A venda de localidades a tarifa reducida realízase únicamente na billeteira do Pazo coa acreditación requerida.

* Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do sábado, 18 de agosto.

+ info: 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 22 de Decembro de 2018 20:00
crimen_web.jpg