CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA

DATOS BÁSICOS

Polos motivos xa confesados, Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira, o novo espectáculo de Mofa e Befa, proponse como un regreso ás orixes, á procura da raíz e do impulso cómico que animou a carreira destas dúas luminarias do xitanismo ilustrado. E no principio, claro, era o biombo. Por primeira vez nun espectáculo de Mofa e Befa, o biombo será abatido pola transparencia, presentado na súa esencia máis abstracta como simple marco conceptual: a fronteira entre o mundo das aparencias, o espazo onde a acción cómica ten lugar, e o mundo da verdade, o espazo invisible onde os actores se maquillan e perfilan aquilo ao que Diderot chamou o paradoxo do comediante: a súa cínica pretensión de conmover ao público cun control absoluto das propias emocións.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 35MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos), menores de 14 anos
Información da billeteira: 

Prezos:

-Tarifa público xeral: 9.50€

-Tarifa abonad@s: 6.65€

-Tarifa reducida: 6.65€ (Desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos)

* A venda de entrada a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

* Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do sábado, 18 de agosto.

+ info: 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 15 de Setembro de 2018 20:00
l.jpg